Ningún grupo político municipal ten alternativas reais para ubicar a EDAR

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, decembro 05, 2012
Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Poio 05.12.2012

A plataforma veciñal en contra da depuradora en Samieira solicitou hai varios días unha reunión cos tres grupos políticos municipais (BNG, PSOE e PP). A finalidade deste encontro, que se celebrou hoxe, era coñecer o estado dos traballos de procura dun novo emprazamento para a construción da EDAR. O 7 de setembro, na reunión conxunta que tivemos co director de Augas de Galicia, os voceiros das tres formacións políticas comprometéronse a iniciar estes traballos cando finalizasen as eleccións autonómicas do 21 de outubro. Sen embargo, NINGÚN DOS TRES GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS TEN A DÍA DE HOXE UBICACIÓNS ALTERNATIVAS que desboten a actual. Isto é algo gravemente preocupante, pois concretar un emprazamento viable é a única forma de alonxar esta infraestrutura nociva, molesta e insalubre da contorna Caeiro-Laño e das vivendas.

Levamos dende xullo demandando este estudo de alternativas. Non estamos dispostos/as a seguir padecendo esta situación lamentable por máis tempo. Por este motivo, seguiremos denunciando a pasividade e deixadez dos nosos xestores locais. A mala planificación deste proxecto por parte das administracións responsables é a que xerou a situación de indefensión na que nos atopamos.
Categorías: