Quen somos


Somos unha plataforma cívica nacida dun movemento social, non somos un grupo pechado nin un partido político. Somos un conxunto de persoas e colectivos unidos para traballar xuntos. O 24 xullo de 2012 formalizamos a asociación constituíndonos legalmente como entidade sen ánimo de lucro.

Todos/as sumamos o noso saber facer, os nosos coñecementos, as nosas experiencias e a nosa vontade para acadar un obxectivo común: parar a construción dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.) no litoral do noso pobo, en Samieira, Poio-Pontevedra.



Somos apolíticos/as, non xeramos pensamento único. O motor que nos move leva varias razóns poderosas: o benestar da nosa xente, a protección do litoral e a defensa do futuro das vindeiras xeracións .

Este espazo é a nosa canle de denuncia onde a xeito de altofalante damos difusión as nosas demandas e a todo o que acontece neste camiño na procura dunha solución sensata ao conflicto do saneamento na marxe norte da ría de Pontevedra.