Os antidepuradora combaten en Facebook

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, xullo 24, 2012

A plataforma contra a construción dunha EDAR en O Caeiro recorre á creatividade e deseñou varios carteis que difunde na rede

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 24.07.2012

Podería ser un concurso de carteis enxeñosos, pero o certo é que o que empuxa aos seus creadores é un motivo moito máis serio. O obxectivo é impedir que Augas de Galicia constrúa unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na parroquia de Samieira e, con esta finalidade, un grupo de veciños ha constituído unha plataforma e iniciado unha campaña na que prima a creatividade.